Nokia 2700 CLASSIC user Manual [el]

Manual do Usuario do Nokia 2700 classic
Edición 1
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-561 cumpre cos requirimentos básicos e con outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://www.nokia.com/
phones/declaration_of_conformity/. © 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados. Nokia, Nokia Connecting People e Navi so n marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation.
Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de compañías mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou nomes comerciais dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido.
Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.
Java is a trademark of Sun Microsystems, Inc.
This product is licensed under the MPEG-4 Visual Patent Portfolio License (i) for personal and noncommercial use in connection with information which has been encoded in compliance with the MPEG-4 Visual Standard by a consumer engaged in a personal and noncommercial activity and (ii) for use in connection with MPEG-4 video provided by a licensed video provider. No license is granted or shall be implied for any other use. Additional information, including that related to promotional, internal, and commercial uses, may be obtained from MPEG LA, LLC. See http:// www.mpegla.com
Este produto concédese baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License (Licenza de carteira de patentes de vídeo MPEG-4) (i) para o uso persoal con fins non comerciais en relación cunha información codificada de acordo co estándar de vídeo MPEG-4 por un consumidor que realiza unha actividade persoal e non comercial e (ii) para o seu uso en relación co vídeo MPEG-4 fornecido por un provedor de vídeo con licenza. Deste xeito, non se outorga licenza nin se autoriza ningún outro uso. É posible obter información adicional de MPEG LA, LLC, incluída a información relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais. Para obter dita información, visite a páxina http:// www.mpegla.com
Nokia opera cunha política de desenvolvemento continuo, e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento sen previo aviso.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE RESPONSABILIZARÁ BAIX O NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU ING RESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL, INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ NINGÚN TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE COMERCIABILIDADE E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase en contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas.
Controis de exportación Este dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexisl ación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente. É posible que as aplicacións doutros fabricantes fornecidas co dispositivo foran creadas e sexan propiedade de persoas ou entidades non asociadas nin relacionadas con Nokia. Nokia non é propietaria dos dereitos de autor nin de propiedade intelectual das aplicaci óns de terceiras partes. Debido a esta razón, Nokia non se responsabilizará da asistencia técnica ao usuario, da funcionalidade das aplicacións nin da información contida nas aplicacións nin nos materiais. Nokia non ofrece ningunha garantía sobre as aplicacións de terceiras partes. MEDIANTE O USO DAS APLICACIÓNS, VOSTEDE ADMITE QUE AS APLICACIÓNS FORNÉCENSE “TAL CAL”, SEN GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO, TANTO EXPRESAS COMA IMPLÍCITAS, NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE. TAMÉN RECOÑECE QUE NIN NOKIA NIN AS SÚAS COMPAÑÍAS FILIAIS OFRECERÁN GARANTÍA NIN REPRESENTACIÓN ALGUNHA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA DE TÍTULO, DE CAPACIDADE COMERCIAL E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO, NIN QUE AS APLICAC IÓNS NON INFRINXAN AS PATENTES, DEREITOS DE A UTOR E MARCAS COMERCIAIS OU DEMAIS DEREITOS DE TERCEIRAS PARTES,.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co centro de servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.
/Edición 1 GL

Índice

Seguridade..................................6
1. Introdución.............................7
Inserción da tarxeta SIM e a batería........7
Retirada da tarxeta SIM.............................7
Insira unha tarxeta microSD.....................7
Retirada da tarxeta microSD....................8
Cargar a batería.........................................8
Antena........................................................8
Auriculares.................................................9
Imáns e campos magnéticos....................9
Teclas e pezas............................................9
Acender e apagar o teléfono .................10
Modo de espera ......................................10
Bloqueo do teclado.................................11
Funcións sen a tarxeta SIM.....................11
Aplicacións executándose en segundo
plano.........................................................11
2. Información xeral..................11
Verbo do dispositivo...............................11
Servizos de rede......................................12
Memoria compartida...............................12
Códigos de acceso...................................13
Axuda Nokia.............................................13
3. Chamadas..............................14
Facer e responder unha chamada.........14
Altofalante ...............................................14
Atallos de marcación...............................14
4. Escribir texto.........................14
Modos de texto........................................14
Inserción de texto tradicional................15
Inserción de texto preditivo...................15
5. Navegación polos menús......15
6. Enviar mensaxes....................16
Mensaxes de texto e multimedia...........16
E-mail........................................................17
Mensaxes flash.........................................18
Mensaxes de audio Nokia Xpress...........18
Mensaxería instantánea.........................18
Mensaxes de voz......................................18
Axustes de mensaxes..............................19
7. Contactos...............................19
8. Rexistro de chamadas ..........20
9. Configuración........................20
Perfís.........................................................20
Tons..........................................................20
Visualizador.............................................20
Hora e data...............................................20
Atallos.......................................................21
Sincronización e copia de
seguridade...............................................21
Conectividade..........................................21
Chamadas e teléfono..............................22
Comandos de voz e marcación por
voz.............................................................23
Accesorios................................................23
Configuración...........................................24
Restaurar axustes de fábrica..................24
10. Menú operador....................24
11. Galería.................................24
12. Medios.................................25
Cámara e vídeo........................................25
Radio FM...................................................26
Gravadora de voz.....................................26
Reprodutor de música............................27
13. Aplicacións..........................27
14. Planificador.........................28
Alarma......................................................28
Calendario e lista de tarefas...................28
15. Web ou Internet .................28
Conexión cun servizo web......................29
16. Servizos SIM.........................29
17. Suxestións para respectar o
medio ambiente........................29
Aforro de enerxía.....................................29
Reciclaxe...................................................30
Máis información.....................................30
Accesorios..................................31
Batería.......................................31
Información sobre a batería e o
cargador...................................................31
Instrucións de autenticación das
baterías de Nokia....................................32
Coidado e mantemento.............33
Reciclar.....................................................34
Información adicional de
seguridade................................34
Nenos........................................................34
Entorno operativo...................................35
Dispositivos médicos...............................35
Vehículos..................................................36
Zonas potencialmente explosivas..........36
Chamadas de emerxencia.......................37
Información de certificación (SAR)........37
Índice alfabético.......................39
Índice

Seguridade

Lea estas sinxelas instrucións. Non respectalas pode resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de usuario completa para obter máis información.
ACENDIDO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso de teléfonos sen fíos estea prohibido ou cando poida provocar interferencias ou resulte perigoso.
A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as mans libres para controlar o vehículo durante a condución. A súa principal prioridade durante a condución deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Todos os dispositivos sen fíos son susceptibles de recibir interferencias, o que pode afectar ao seu rendemento.
DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS
Respecte as restricións. Apague o dispositivo nos avións, preto de equipos médicos, combustibles, produtos químicos ou zonas volátiles.
SERVIZO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado por persoal cualificado.
ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice unicamente accesorios e baterías autorizados. Non conecte produtos non compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao seco.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.6
1. Introdución

Inserción da tarxeta SIM e a batería

Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería. A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente se se raia ou dobra, polo
tanto, teña coidado ao manipular, inserir ou retirar a tarxeta.
1. Prema e desprace a tapa traseira ata a parte baixa do teléfono e retírea (1).
2. Retire a batería (2).
3. Insira a tarxeta SIM no soporte coa superficie de contacto orientada cara a abaixo (3).
4. Insira a batería (4) e volva a colocar a tapa traseira (5).

Retirada da tarxeta SIM

Prema o resorte de liberación (1) e deslice cara fóra a tarxeta SIM (2).

Insira unha tarxeta microSD

Utilice unicamente o tarxetas microSD compatible autorizado por Nokia para utilizar co dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas de memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con este dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O seu teléfono admite tarxetas microSD con capacidade de ata 2 GB.
1. Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados. 7
Introdución
2. Insira a tarxeta na rañura da tarxeta de memoria coa superficie de contacto orientada cara a arriba e prémaa ata que quede encaixada.
3. Peche a tapa da rañura da tarxeta de memoria.

Retirada da tarxeta microSD

Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que
se estea accedendo á mesma, xa que, do contrario, poderíase danar a tarxeta de memoria, o dispositivo e os datos almacenados na tarxeta.
Pode retirar ou substituír a tarxeta de memoria durante o funcionamento do teléfono se apagar o dispositivo, pero necesita asegurarse de que ningunha aplicación está accedendo actualmente á tarxeta de memoria.

Cargar a batería

A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Se o dispositivo indica que a batería dispón de pouca carga, siga estes pasos:
1. Conecte o cargador á toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando o dispositivo indique que a batería se atopa completamente cargada, desconecte o cargador do dispositivo e logo da toma da parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de tempo específico e pode utilizar o dispositivo durante o proceso de carga. Se a batería está completamente descargada, é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.

Antena

É posible que o dispositivo dispoña de antenas internas e externas. Igual que noutros dispositivos de transmisión de radio, evite tocar a zona da antena innecesariamente mentres se atope transmitindo ou recibindo. O contacto coa antena afecta á calidade da comunicación, pode causar que o dispositivo necesite un nivel superior de potencia para funcionar e pode reducir a duración da batería.
A figura mostra a zona da antena en gris.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.8
Introdución

Auriculares

Aviso: Escoite música a un volume moderado. A exposición continua a niveis
elevados de volume pode danar a súa capacidade auditiva. Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co altofalante activado, xa que o son podería emitirse a un nivel de volume extremadamente elevado.
Aviso: Cando utilice os auriculares, é posible que a súa capacidade para escoitar
sons do exterior se vexa afectada. Non utilice os auriculares en situacións nas que se poida poñer en risco a súa seguridade.
Cando conecte un dispositivo externo ou uns auriculares distintos dos autorizados por Nokia para utilizalos con este dispositivo ao conector AV de Nokia, preste atención especial ao nivel do volume.
Non conecte produtos que poidan emitir sinais de saída, xa que poderían producirse danos no dispositivo. Non conecte ningunha fonte de tensión ao conector AV de Nokia.

Imáns e campos magnéticos

Non acerque o seu dispositivo a imáns ou campos magnéticos.

Teclas e pezas

1
2 Auricular 3 Pantalla 4 Teclas de selección 5 Tecla Navi™; de agora en diante,
6 Tecla Chamar 7 Teclado 8 Micrófono
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados. 9
Tecla de acendido/fin
denominada "tecla de desprazamento".
Introdución
9 Conector ML portátil/Conector AV Nokia
(3,5 mm) 10 Conector do cargador 11 Conectador micro USB 12 Obxectivo da cámara 13 Rañura da tarxeta de memoria 14 Altofalante 15 Agulleto da correa do pulso

Acender e apagar o teléfono

Para acender e apagar o teléfono, manteña premida a tecla de acendido.

Modo de espera

Cando o teléfono está listo para usar e non introduciu ningún caracter, o teléfono está no modo en espera.
1
Intensidade do sinal de rede 2 Nivel de carga da batería 3 Nome da rede ou logo do operador 4 Funcións das teclas de selección
A tecla de selección esquerda, Ir a, permítelle obter acceso a funcións na lista de accesos directos persoais. Cando vexa a lista, seleccione Opcións > Seleccionar opcións para ver as funcións dispoñibles ou seleccione Opcións > Organizar para ordenar as funcións na lista de accesos directos.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.10

Información xeral

Bloqueo do teclado

Para evitar que se preman teclas accidentalmente, seleccione Menú, e prema * en 3,5 segundos para bloquear o teclado.
Para desbloquear o teclado, seleccione Desbloq., e prema * en 1,5 segundos. Se o bloqueo do teclado de seguridade está activado, introduza o código de seguridade cando llo solicite.
Para configurar o teclado para que se bloquee automaticamente despois dun tempo prestablecido cando o teléfono está no modo en espera, seleccione Menú > Axustes > Teléfono > Bloq. teclado autom. > Activado.
Para responder a unha chamada cando o teclado está bloqueado, prema a tecla de chamada. Cando finalice ou rexeite a chamada, o teclado bloquease automaticamente.
Se o dispositivo ou o teclado se atopan bloqueados, será posible efectuar chamadas ao número de urxencia oficial programado no dispositivo.

Funcións sen a tarxeta SIM

Algunhas funcións do seu teléfono poden usarse sen insertar unha tarxeta SIM, tales como funcións do Organizador ou xogos. Algunhas funcións aparecen atenuadas nos menús e non se poden usar.

Aplicacións executándose en segundo plano

Deixar aplicacións executándose en segundo plano aumenta o consumo de enerxía e reduce a duración da batería.
2. Información xeral

Verbo do dispositivo

A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en redes (E)GSM 850, 900, 1800, e 1900 MHz . Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter máis información acerca das redes.
Cando utilice as funcións deste dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor.
É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia, modificación ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras partes preinstalados. Tamén é posible acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles. Se decide acceder ós sitios mencionados, deberá tomar precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados. 11
Información xeral
Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador, é
necesario que se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que poida provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para obter instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que aparecen na pantalla do seu dispositivo.

Servizos de rede

Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos sen fíos. Moitas das funcións do produto requiren dispoñer de funcións especiais de rede. Estas funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para poder utilizar os servizos de rede noutras redes sexa necesario establecer acordos específicos co seu fornecedor de servizos. O uso de servizos de rede implica a transmisión de datos. Comprobe co seu fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode facilitarlle instrucións e explicarlle os importes que lle serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao modo en que pode utilizar os servizos de rede. Por exemplo, é posible que algunhas redes non admitan todos os caracteres e servizos dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación de determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña dunha configuración especial, como cambios nos nomes ou na orde dos menús, ou nas iconas. Póñase en contacto so seu fornecedor de servizos para obter máis información.
O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan nos protocolos TCP/IP. Algunhas funcións deste dispositivo, como mensaxes multimedia (MMS), navegación e aplicación de correo electrónico requiren soporte da rede para estas tecnoloxías.

Memoria compartida

É posible que as seguintes funcións do dispositivo compartan memoria: mensaxes multimedia (MMS), aplicación de correo electrónico, mensaxería instantánea. A utilización dunha ou máis destas funcións pode reducir a memoria dispoñible para o resto de funcións que comparten a memoria. É posible que o dispositivo amose unha mensaxe na que se indique que a memoria está chea cando intenta utilizar unha función que comparta memoria. Neste caso, elimine información ou entradas almacenadas nas funcións con memoria compartida antes de continuar.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.12
Loading...
+ 28 hidden pages