Sony Ericsson W302. Se desexa obter información
adicional sobre o teléfono, diríxase á páxina web
www.sonyericsson.com/fun. Rexístrese agora
en www.sonyericsson.com/myphone para obter
almacenaxe en liña de balde e ofertas especiais.
Para obter asistencia técnica en relación ao produto,
diríxase á páxina web www.sonyericsson.com/support.
Símbolos empregados
Os seguintes símbolos aparecen nesta guía do usuario:
> Utilice a tecla de selección para desprazarse e seleccionar
Prema a tecla de selección central
Prema a tecla de dirección cara a arriba
Prema a tecla de dirección cara a abaixo
Prema a tecla de dirección cara á esquerda
Prema a tecla de dirección cara á dereita
Nota
Suxestión
Advertencia
Indica que un servizo ou función depende da rede ou dunha
subscrición. Pode que non estean dispoñibles tódolos
menús ou funcións no seu teléfono. Póñase en contacto
co seu operador de rede para obter máis información.
A tarxeta SIM (Subscriber Identity Module), fornecida
polo operador de rede, contén información acerca
da súa subscrición. Apague sempre o seu teléfono
e desconecte o cargador e a batería antes de inserir
ou retirar a tarxeta SIM.
Pode gardar os contactos na tarxeta SIM antes de retirala
do teléfono. Tamén pode gardar contactos na memoria
do teléfono. Consulte Contactos na páxina 27.
Código PIN (bloqueo da tarxeta SIM)
O código PIN (Personal Identification Number) é un bloqueo
da tarxeta SIM que protexe a súa subscrición, pero non o
teléfono. Se a tarxeta está bloqueada, terá que inserir o código
PIN cando acenda o seu teléfono. Para obter información
sobre como cambiar o seu código PIN, consulte Bloqueo da tarxeta SIM na páxina 36.
Cada díxito do PIN aparece como un *, agás no caso de que
comece con díxitos dos números de emerxencia, por exemplo,
112 ou 911. É posible chamar a un número de emerxencia sen
inserir o PIN.
Se insire un PIN incorrecto tres veces seguidas,
aparecerá a mensaxe PIN bloqueado. Para desbloquealo
precisa inserir o seu código de desbloqueo persoal (PUK).
O seu teléfono admite Memory Stick Micro™ (M2™). Unha
tarxeta de memoria permite obter un maior espazo de
almacenaxe para o teléfono, para música, tons de chamada,
videoclips, imaxes, etc. Pode compartir a súa información
gardada movendo ou copiándoa a outros dispositivos
compatibles da tarxeta de memoria.
Para inserir un Memory Stick Micro™ (M2™)
• Abra a tapa e insira a tarxeta de memoria coa zona
Se comete un erro ó inserir o PIN, pode premer para
eliminar números da pantalla.
Modo de espera
Unha vez acendido o teléfono e inserido o PIN, aparece
o nome do operador de rede na pantalla. A esta vista
denomínaselle modo de espera. A partir deste momento
poderá realizar e recibir chamadas.
Para apagar o teléfono
• Manteña premido o botón .
Se o teléfono se apaga cando se está a transportar,
active o bloqueo automático. Isto evita que os obxectos
do seu peto ou bolso activen a tecla de acender/apagar
accidentalmente.
As barras de rede amosan a intensidade do sinal da rede
GSM na súa zona. Probe a desprazarse a outra localización
se ten problemas nas chamadas e se ten pouca cobertura
de rede. Non hai rede significa que non ten cobertura.
Permite acceder ó menú principal ou seleccionar
elementos.
Permite desprazarse entre os menús e as fichas.
Permite seleccionar as opcións amosadas na pantalla
xusto enriba destas teclas.
Permite eliminar elementos como imaxes, sons
e contactos.
Permite abrir o reprodutor Walkman™. Prema esta
tecla para alternar entre o reprodutor Walkman™
e o modo de espera.
Permite deter, inserir unha pausa e reproducir (tecla
de música). Prema a tecla para silenciar ou activar
o micrófono da radio. Prema a tecla cara arriba
ou cara abaixo para procurar canles programadas.
Permite saltar á pista anterior ao utilizar o reprodutor
Walkman™. Permite procurar canles de radio.
Permite saltar á pista seguinte cando utiliza o reprodutor
Walkman™. Permite procurar canles de radio.
Os meus accesos directos – engada as súas funcións
favoritas para acceder a elas rapidamente.
Perfís
Hora e data
Idioma teléfono
Accesos directos
Modo voo
Seguridade
Estado do tfno.
Restablecer todas
Chamadas
Marcado rápido
Desviar chamadas
Xestionar cham.
Tempo e custo*
Amosar/ocultar nº
Mans libres
* Algúns menús varían en función do operador, da rede e do tipo
de subscrición.
** Pode utilizar a tecla de navegación para desprazarse polas fichas
dos menús secundarios. Se desexa obter máis información, consulte
Navegación na páxina 11.
Sons e alertas
Volume do timbre
Ton de chamada
Modo silenciado
Alerta por vibrac.
Alerta de mensaxe
Son das teclas
Conectividade
Bluetooth
USB
Sincronización*
Redes de móbil
Config. da Internet
Pantalla
Fondo
Temas
Pantalla de inicio
Protect. pantalla
Brillo