Lea o folleto Información importante antes de usar o teléfono móbil.
Non todas as redes ou fornecedores de servizo de todas as áreas admiten todas as funcións e
servizos descritos nesta Guía do usuario, nin se admiten en todos os países nin en todas as
rexións. Sen limitacións, isto aplícase ao Número de Emerxencia Internacional GSM 112. Póñase
en contacto co seu operador de rede ou fornecedor de servizos para determinar a dispoñibilidade
de calquera función ou servizo específico e se se aplican tarifas de acceso ou de uso adicionais.
Un teléfono Android™ pode realizar moitas das mesmas funcións ca un ordenador. Pero
tamén pode axustalo para que se adapte ás súas necesidades, para recibir a información
que desexa e divertirse ao mesmo tempo. Pode engadir e eliminar aplicacións, ou
modificalas para mellorar a súa funcionalidade. No Android Market™ pode descargar unha
ampla gama de aplicacións e xogos dunha colección en constante crecemento. Tamén
pode integrar as aplicacións do seu teléfono Android™ cos seus datos persoais e contas
en liña. Por exemplo, pode efectuar unha copia de seguridade dos contactos do seu
teléfono, acceder ás súas diferentes contas de correo e calendarios desde un mesmo
lugar, realizar o seguimento das súas citas e participar tanto como desexe nas redes
sociais.
Os teléfonos Android™ evolucionan constantemente. Cando está dispoñible unha nova
versión do software e o seu teléfono o soporta, pode actualizar o seu teléfono para obter
novas características e as últimas melloras.
O seu teléfono Android™ ten precargados servizos Google™. Para sacar o máximo partido dos
servizos Google™ proporcionados, debe ter unha conta de Google™ e iniciar a sesión nela
cando inicie o seu teléfono por primeira vez. Tamén é necesario dispoñer de acceso á Internet
para usar moitas das características de Android™.
Aplicacións
Unha aplicación é un programa do teléfono que lle axuda a realizar unha tarefa. Por
exemplo, hai aplicacións para realizar chamadas, tirar fotos e descargar máis aplicacións.
Insira con firmeza a punta do seu dedo na abertura da parte inferior do teléfono,
entre o teléfono e a tapa da batería. A continuación levante a tapa lenta pero
firmemente.
Non utilice obxectos afiados que poidan danar partes do teléfono.
Para inserir a tarxeta SIM e a tarxeta de memoria
•
Extraia a tapa da batería, despois insira a tarxeta SIM e a tarxeta de memoria nas
rañuras correspondentes.
É posible que a tarxeta de memoria non se inclúa ao mercar o teléfono en todos os mercados.
Para extraer a batería
1
Extraia a tapa da batería.
2
Coloque a punta do seu dedo na abertura da parte inferior da batería e levántea.
Manteña premida a tecla de acendido situada na parte superior do teléfono ata
que vibre.
2
Se a pantalla escurece, prema ou prema brevemente para activar a pantalla.
3
Para desbloquear a pantalla, arrastre cara á dereita pola pantalla.
4
Introduza o PIN da súa tarxeta SIM cando se lle solicite, e seleccione Aceptar.
O PIN da súa tarxeta SIM fornéceo inicialmente o seu operador de rede, pero pode cambialo
máis tarde desde o menú Configuración. Para corrixir un erro ao introducir o PIN da tarxeta
SIM, prema .
O teléfono pode tardar un anaco en acenderse.
Para apagar o teléfono
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que se abra o menú de opcións.
2
No menú de opcións pulse Apagar.
3
Pulse Aceptar.
O teléfono pode tardar un anaco en apagarse.
Bloqueo de pantalla
Cando o seu teléfono está acendido e permanece inactivo durante un periodo de tempo
establecido, a pantalla escurécese para aforrar batería e bloquéase de xeito automático.
Este bloqueo evita accións non desexadas na pantalla tácil cando non está a usala.
Para activar a pantalla
•
Prema ou prema brevemente .
Para desbloquear a pantalla
•
Arrastre a icona cara á dereita pola pantalla.
Para bloquear a pantalla de xeito manual
•
Cando a pantalla estea activa, prema lixeiramente a tecla .
Asistente de configuración
A primeira vez que acende o teléfono, ábrese un asistente de configuración que lle explica
as funcións básicas do teléfono e axúdalle a introduciros axustes básicos. Este é un bo
momento para configurar o seu teléfono segundo as súas necesidades específicas.
O asistente de configuración comprende os seguintes aspectos:
•
Axustes básicos do teléfono como o idioma e a Internet. Por exemplo, pode configurar os
axustes sobre o seu acceso á Internet.
•
Axustes da Wi-Fi®: aumente a velocidade de conexión e reduza os custos de transferencia
de datos.
•
Axustes de servizos en liña – axúdalle a configurar o correo electrónico, as contas de
servizos en liña e a transferir contactos dun teléfono antigo ou outra fonde de datos.
Tamén pode consultar os capítulos correspondentes da guía do usuario do teléfono, á que
pode acceder a través da aplicación de asistencia técnica do teléfono e do enderezo
www.sonyericsson.com/support, para obter máis información sobre os aspectos
seguintes:
Se o prefire, tamén pode saltar algúns pasos e acceder ó asistente de configuración máis tarde
desde a pantalla de aplicacións ou cambiar os axustes desde o menú Axustes.
Para acceder ó asistente de configuración
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Guía de configurac..
Contas e servizos
Inicie a sesión nas súas contas de servizos en liña desde o seu teléfono e benefíciese dunha
ampla gama de servizos Combine servizos e obteña máis de cada un de eles. Por exemplo,
reúna contactos das súas contas de Google™ e Facebook™ e intégreos na súa axenda
de xeito que teña todo nun mesmo lugar.
Pode rexistrarse en servizos en liña desde o seu teléfono do mesmo xeito que desde o
ordenador. Ó rexistrarse por primeira vez créase unha conta co seu nome de usuario,
contrasinal, axustes e información persoal. Á seguinte vez que inicie a sesión, terá una vista
personalizada.
Conta de Google™
Ter unha conta de Google é imprescindible para usar diferentes aplicacións e servizos no
seu teléfono Android. Cómpre ter unha conta de Google™, por exemplo, para usar a
aplicación Gmail™ no seu teléfono, para conversar cos seus amigos usando Google
Talk™, para sincronizar o calendario do seu teléfono co seu Google Calendar™ e para
descargar aplicacións e xogos desde Android Market™.
Conta de Sony Ericsson
Almacene os contactos do seu teléfono nun servidor seguro de Sony Ericsson para manter
permanentemente unha copia de seguridade en liña. Tamén pode almacenar os
calendarios do seu teléfono e os marcadores da Internet na súa conta de Sony Ericsson.
Conta de Exchange ActiveSync
Sincronice o seu teléfono coa súa conta corporativa Exchange ActiveSync®. Deste xeito,
leva sempre consigo o correo electrónico, os contactos e os eventos do calendario do seu
traballo.
®
Conta Facebook™
Facebook™ permítelle conectar con amigos, familia e colegas de todo o mundo. Inicie a
sesión agora para compartir con outros o seu mundo.
Permite pechar o teclado en pantalla, unha caixa de diálogo, un menú de opcións ou o panel de
notificacións.
Inicio
•
Para ir á Pantalla de inicio
•
Activar a pantalla se escurece
•
Manteña premida esta tecla para abrir unha ventá que amose as aplicacións usadas recentemente.
Menú
•
Para abrir unha lista coas opcións dispoñibles na pantalla ou aplicación actuais.
Carga da batería
A batería do teléfono está cargada parcialmente no momento da compra do teléfono. É
posible que a icona da batería
o cable do cargador do teléfono a unha fonte de enerxía como un porto USB ou un
cargador de teléfono. Pode seguir usando o teléfono mentres se está a cargar.
tarde uns minutos en aparecer na pantalla cando conecte
Pouco despois de se cargar por completo, a batería comeza a descargarse para logo cargarse
de novo pasado un certo tempo cando se conecta o cargador do teléfono. Deste xeito
prolóngase a vida da batería e é posible que se amose un estado de carga inferior ao 100 por
cento.
Enchufe o cargador do teléfono a unha toma de corrente.
2
Enchufe un extremo do cable USB no cargador (ou no porto USB dun ordenador).
3
Enchufe o outro extremo do cable no porto micro-USB do teléfono, co símbolo de
USB mirando cara a arriba.
4
Cando o teléfono estea completamente cargado, desconecte o cable USB do
teléfono tirando del cara a fóra sen torcelo.
Asegúrese de non dobrar o conector cando extraia o cable do teléfono.
Utilizar a pantalla táctil
No momento da compra do teléfono, a pantalla ten pegada unha lámina plástica
protectora. É necesario despegala antes de usar a pantalla táctil. Do contrario, é posible
que a pantalla táctil non funcione correctamente.
Cando o seu teléfono está acendido e permanece inactivo durante un período de tempo
establecido, a pantalla escurécese para aforrar batería e bloquéase de xeito automático.
Este bloqueo evita accións non desexadas na pantalla táctil cando non está a usala. Tamén
pode establecer bloqueos persoais para protexer a súa subscrición e asegurarse de que
só vostede pode acceder ó contido do seu teléfono.
A pantalla do seu teléfono está feita de cristal. Non toque a pantalla se o cristal está esnaquizado
ou crebado. Evite tentar reparar vostede mesmo a pantalla. As pantallas de cristal son sensibles
ás caídas e ós golpes mecánicos. O servizo de garantía de Sony Ericsson non cubre os casos
de neglixencia.
Para abrir ou resaltar un elemento
•
Pulse o elemento.
Para marcar ou desmarcar opcións
•
Pulse a caixa de verificación correspondente ou, en certos casos, o lado dereito da
opción de lista, para marcar ou desmarcar unha opción.
Caixa de verificación marcada
Caixa de verificación desmarcada
Opción de lista marcada
Opción de lista desmarcada
Uso do zoom
Hai dúas formas de usar o zoom. As opcións de zoom dispoñibles dependen da aplicación
que estea a empregar.
Para aplicar o zoom
•
Cando estean dispoñibles, pulse ou para ampliar ou reducir.
É posible que deba arrastrar a pantalla (en calquera dirección) para que aparezan as iconas de
zoom.
Para desprazarse con maior rapidez, toque lixeiramente co seu dedo na dirección
na que desexe ir na pantalla. Pode agardar a que o movemento de desprazamento
se deteña por si mesmo, ou pode detelo inmediatamente pulsando a pantalla.
Sensores
O seu teléfono inclúe un sensor de luz e un sensor de proximidade. O sensor de luz detecta
o nivel de luz ambiental a axusta o brillo da pantalla correspondentemente. O sensor de
proximidade desactiva a pantalla táctil cando toca a pantalla coa cara. Deste xeito, evítase
que active as funcións do teléfono por accidente mentres se atopa nunha chamada.
Pantalla de inicio
A Pantalla de inicio do seu teléfono é equivalente ao escritorio dun ordenador. É a porta
de acceso á maioría das características do seu teléfono. Pode personalizar a súa Pantalla
de inicio con widgets, accesos directos, cartafoles, temas, fondos e outros elementos.
A Pantalla de inicio esténdese máis aló do ancho da pantalla regular, de xeito que cómpre
tocar lixeiramente cara á dereita ou á esquerda para ver o contido dunha das catro
extensións da pantalla.
Os elementos da barra inferior da pantalla están sempre dispoñibles para un acceso rápido.
amosa a parte da Pantalla de inicio na que se atopa.
Toque e manteña un elemento ata que aumente e o teléfono vibre, entón arrastre o
elemento ata .
3
Seleccione unha opción e, en caso necesario, confírmea. Agora pode compartir as
aplicacións e widgets que desexe para que os seus amigos poidan descargalos e
usalos.
Widgets
Os widgets son pequenas aplicacións que pode usar directamente na súa Pantalla de
inicio. Por exemplo, o widget Reprodutor de música permítelle iniciar a reprodución de
música directamente e o widget Timescape™ de Sony Ericsson amosa as mensaxes
entrantes.
Para engadir un widget á pantalla de inicio
1
Desde a Pantalla de inicio, prema .
2
Pulse Engadir > Widgets.
3
Pulse nun widget.
Para obter unha descrición xeral de todos os widgets da pantalla de inicio
•
Belisque calquera área da Pantalla de inicio Todos os widgets das diferentes áreas
da Pantalla de inicio amósanse agora nunha soa vista.
Cando todos os widgets da Pantalla de inicio estean combinados nunha soa vista, pulse en
calquera widget para ir á parte da Pantalla de inicio que contén ese widget.
Reorganización da pantalla de inicio
Personalice o aspecto da pantalla de inicio e cambie as características ás que pode
acceder desde ela. Cambie o fondo de pantalla e a posición dos elementos, cree cartafoles
e engada accesos directos a contactos.
Para abrir o menú de opcións da pantalla de inicio
Pode abrir o menú de opcións da Pantalla de inicio de dous xeitos:
•
Desde a Pantalla de inicio, prema .
•
Toque e manteña calquera parte da Pantalla de inicio.
Para engadir un acceso directo á pantalla de inicio
1
Desde a Pantalla de inicio, prema .
2
Pulse Engadir > Accesos directos.
3
Localice e seleccione un acceso directo.
Engada accesos directos de aplicacións directamente desde a pantalla de aplicacións ao tocar
e manter a aplicación.
Para engadir un cartafol á pantalla de inicio
1
Desde a Pantalla de inicio, prema
2
Pulse Engadir > Cartafol.
3
Introduza un nome para o cartafol, seleccione unha icona e pulse Feito.
Solte un elemento enriba doutro elemento da pantalla de inicio para crear un cartafol de xeito
automático.
.
Para engadir elementos a un cartafol
•
Toque e manteña un elemento ata que aumente e o teléfono vibre, entón arrastre o
elemento ata o cartafol.
Toque e manteña a barra de título do cartafol para amosar o campo Nome do
cartafol.
3
Introduza o novo nome do cartafol e pulse Feito.
Para mover un elemento na pantalla de inicio
1
Prema para abrir a Pantalla de inicio.
2
Toque e manteña un elemento ata que aumente e o teléfono vibre, entón arrastre o
elemento ata a nova posición.
Para eliminar un elemento da pantalla de inicio
•
Toque e manteña un elemento ata que aumente e o teléfono vibre, entón arrastre o
elemento ata
.
Cambiar o fondo da pantalla de inicio
Adapte a Pantalla de inicio ao seu estilo con fondos e diferentes temas.
Para cambiar o fondo da pantalla de inicio
1
Desde a Pantalla de inicio, prema
2
Pulse Fondo e despois seleccione un fondo.
Pode usar unha animación ou unha foto que tomara. Vaia ao Android Market™ e a outras fontes
para descargar, por exemplo, fondos vivos que cambien coas horas do día.
.
Para establecer un tema
1
Desde a Pantalla de inicio, prema .
2
Pulse Tema e despois seleccione un tema.
Cando se cambia un tema, tamén cambia o fondo dalgunhas aplicacións.
Acceso e uso das aplicacións
Abra as aplicacións desde os accesos directos na súa Pantalla de inicio ou desde a pantalla
de aplicacións.
Pantalla de aplicacións
A pantalla de aplicacións, que pode abrir desde a súa Pantalla de inicio, contén as
aplicacións xa instaladas no seu teléfono ademais das aplicacións que descarga.
A pantalla de aplicacións exténdese máis alá do ancho normal da pantalla, polo que terá
que tocar lixeiramente cara á dereita e á esquerda para ver todo o contido.
Para abrir a pantalla de aplicacións
•
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse .
Para navegar pola pantalla de aplicacións
•
Abra a pantalla de aplicacións, entón toque lixeiramente cara á dereita ou á
esquerda.
Para crear un acceso directo a unha aplicación na pantalla de inicio
1
Desde a súa Pantalla de inicio, pulse
2
Toque e manteña a aplicación ata que apareza na súa Pantalla de inicio, entón
arrástrea ata a localización que desexe.
Para compartir unha aplicación desde a pantalla de aplicacións
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Toque e manteña unha aplicación ata que apareza a súa Pantalla de inicio e, a
continuación, arrastre o elemento ata .
3
Seleccione unha opción e, en caso necesario, confírmea. Agora pode compartir as
aplicacións que desexe para que os seus amigos poidan descargalas e usalas.
Abrir e pechar aplicacións
Para abrir unha aplicación
•
Desde a súa Pantalla de inicio ou a pantalla de aplicacións, pulse na aplicación.
Para pechar unha aplicación
•
Prema .
Algunhas aplicacións fan unha pausa se preme para saír, mentres que outras aplicacións
continúan a executarse nun segundo plano. No primeiro caso, a seguinte vez que abra a
aplicación, poderá continuar onde quedou.
Ventá de aplicacións usadas recentemente
Desde esta ventá pode ver e acceder ás aplicacións usadas recentemente.
Para abrir a ventá de aplicacións usadas recentemente
•
Prema e manteña premido o botón .
Menú das aplicacións
É posible abrir un menú en calquera momento mentres utiliza unha aplicación mediante a
pulsación da tecla no teléfono. O menú terá un aspecto diferente en función da
aplicación que estea a utilizar.
Para abrir un menú nunha aplicación
•
Mentres utilice a aplicación, prema
Un menú non está dispoñible en todas as aplicacións.
.
Reorganización da súa pantalla de aplicacións
Mova as aplicacións pola pantalla de aplicacións segundo as súas preferencias.
Para organizar as súas aplicacións na pantalla de aplicacións
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse
2
Pulse e seleccione unha opción.
para ir á pantalla de aplicacións.
Para mover unha aplicación á pantalla de aplicacións
1
Abra a pantalla de aplicacións, entón pulse
2
Toque e manteña un elemento ata que aumente e o teléfono vibre, entón arrastre o
elemento ata a nova localización.
3
Pulse para saír do modo edición.
Só pode mover as súas aplicacións cando está seleccionado
Para desinstalar unha aplicación desde a pantalla de aplicacións
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse . Todas as aplicacións que se poden desinstalar están marcadas coa icona
.
3
Pulse na aplicación que desexe desinstalar e logo pulse Acept..
Estado e notificacións
A barra de estado situada na parte superior da pantalla amosa o que está a suceder no
seu teléfono. Na parte esquerda aparecerán as notificacións cando haxa algo novo ou en
curso. Por exemplo, as novas mensaxes e as notificacións do calendario aparecerán aquí.
Na parte dereita amósase a cobertura, o estado da batería e outra información.
Comprobar notificacións e actividades en curso
Pode arrastrar cara abaixo a barra de estado para abrir o panel Notificacións e obter máis
información. Por exemplo, abra unha nova mensaxe ou vexa un evento do calendario
desde o panel Notificacións. Tamén pode abrir aplicacións que se atopan en execución,
como o reprodutor de música.
Para abrir o panel de notificacións
•
Arrastre a barra de estado cara a abaixo.
Para pechar o panel de notificacións
•
Arrastre a ficha da parte inferior do panel de notificación cara arriba.
Para abrir unha aplicación en execución dende o panel de notificacións
•
No panel de notificacións, pulse a icona para que a aplicación en execución se abra.
Permite ver e cambiar os axustes do seu teléfono desde o menú Axustes.
Para acceder aos axustes do teléfono
1
Na Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse Configuración.
Escribir texto
Teclado en pantalla
Pulse as teclas do teclado QWERTY en pantalla para inserir texto comodamente. Algunhas
aplicacións abren automaticamente o teclado en pantalla. Tamén pode abrir este teclado
tocando un campo de texto.
Utilizar o teclado en pantalla
1
Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas. Nalgúns idiomas, esta
tecla úsase para acceder aos caracteres extra do idioma.
2 Pechar a vista do teclado en pantalla
3 Permite amosar números e símbolos. Toque e manteña para amosar emoticonas.
4 Permite inserir un espazo
5 Permite abrir o menú dos axustes de entrada para cambiar, por exemplo, os Idiomas de escritura. Esta
tecla tamén cambia o idioma de escritura cando está seleccionado máis dun idioma de entrada.
6 Permite inserir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto
7 Permite eliminar un carácter antes do cursor
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non describan
con precisión o aspecto real do mesmo.
Para amosar o teclado en pantalla para inserir texto
•
Pulse un campo de entrada de texto.
Para ocultar o teclado en pantalla
•
Cando o teclado en pantalla estea aberto, prema
.
Para usar o teclado en pantalla en orientación horizontal
•
Cando insira texto, xire o teléfono de lado.
Para que o teclado admita esta característica, a aplicación que estea a usar debe ser compatible
co modo horizontal e o axuste de orientación da pantalla debe estar en automático.
Para inserir un carácter visible no teclado, pulse o carácter.
•
Para inserir unha variante do carácter, toque e manteña un carácter normal do
teclado para obter unha lista das opcións dispoñibles e, a continuación, seleccione
o carácter que desexe. Por exemplo, para inserir "é", toque e manteña "e" ata que
aparezan outras opcións. A continuación, mentres mantén o seu dedo premido no
teclado, arrástreo ata "é" e seleccione ese carácter.
Para cambiar entre maiúsculas e minúsculas
•
Antes de inserir unha letra, pulse para cambiar a maiúsculas , ou viceversa.
Para activar o bloqueo de maiúsculas
•
Antes de inserir unha palabra, pulse ou ata que apareza .
Para inserir números ou símbolos
•
Cando insira texto, pulse . Aparece un teclado con números e símbolos. Pulse
para ver máis opcións.
Para inserir unha emoticona
1
Cando insira texto, toque e manteña .
2
Seleccione unha emoticona.
Para eliminar caracteres
•
Pulse para colocar o cursor despois do caracter que desexa eliminar, entón pulse
.
Para inserir un retorno de carro
•
Ó inserir texto, pulse para inserir un retorno de carro.
Para editar texto
1
Ao inserir texto, toque e manteña premido o campo de texto ata que apareza o
menú Editar texto.
2
Seleccione unha opción.
Teclado reducido
O teclado reducido é semellante ao teclado estándar de 12 teclas dos móbiles. Este
teclado ofrece texto preditivo e opcións de entrada de varias pulsacións. O método de
entrada de texto con teclado reducido actívase nos axustes do teclado. Este teclado só
está dispoñible en orientación vertical.
Uso do teclado reducido
1
Permite elixir unha opción de entrada de texto
2 Permite cambiar entre maiúsculas i minúsculas e activa o bloqueo de maiúsculas
6 Permite abrir o menú dos axustes de entrada para cambiar, por exemplo, os Idiomas de escritura. Esta
tecla tamén cambia o idioma de escritura cando está seleccionado máis dun idioma de entrada.
7 Permite introducir un retorno de carro ou confirmar a entrada de texto
8 Permite eliminar un carácter antes do cursor
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non describan
con precisión o aspecto real do mesmo.
Para abrir o teclado reducido por primeira vez
•
Pulse un campo de entrada de texto e logo pulse
, ou toque e manteña se
xa ten seleccionado máis dun idioma de entrada. Pulse Teclado vertical e
seleccione unha opción.
Despois de facer este axuste, pode activar o teclado reducido simplemente pulsando un campo
de entrada de texto.
Para cambiar entre o teclado QWERTY en pantalla e o teclado reducido
1
Cando insira texto, pulse
, ou toque e manteña se xa ten seleccionado máis
dun idioma de entrada.
2
Pulse Teclado vertical e seleccione unha opción.
Lembre que o teclado reducido só está dispoñible en orientación vertical.
Para inserir texto usando o teclado reducido
O teclado reducido permite seleccionar entre dúas opcións de entrada:
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse cada tecla de carácter só unha vez, aínda
que a letra que precise non sexa a primeira letra da tecla. Pulse a palabra que aparece ou
pulse para ver máis suxestións de palabras e seleccionar unha palabra da lista.
•
Cando aparece no teclado reducido, pulse a tecla en pantalla para escribir o carácter
que desexa inserir. Manteña premida esta tecla ata que o carácter desexado estea
seleccionado. Despois faga o mesmo para o carácter que queira escribir a continuación e
así sucesivamente.
Para inserir números usando o teclado reducido
•
Co teclado reducido aberto, pulse . Aparece un teclado reducido con números.
Para inserir símbolos e emoticonas usando o teclado reducido
1
Co teclado reducido aberto, pulse . Aparece unha grade con símbolos e
emoticonas.
2
Desprácese cara a arriba ou abaixo para ver máis opcións. Pulse nun símbolo ou
emoticona para seleccionalo.
Axustes dos teclados QWERTY e reducido
Pode seleccionar diversos axustes para o teclado QWERTY en pantalla e o teclado
reducido como, por exemplo, o idioma de escritura e a corrección automática.
Para acceder aos axustes do teclado QWERTY e do teclado reducido
•
Cando insira texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado reducido, pulse .
Se seleccionou máis dun idioma de escritura, toque e manteña .
Para cambiar o idioma de escritura usando o teclado en pantalla ou o teclado
reducido
1
Cando insira texto, pulse , ou toque e manteña se xa ten seleccionado máis
dun idioma de entrada.
2
Pulse Idiomas de escritura e seleccione os idiomas que desexa usar para escribir.
3
Se seleccionou máis dun idioma de entrada, pulse para cambiar entre os idiomas
de escritura seleccionados.
Axustes da entrada de texto
Ao inserir texto, pode acceder a un menú de axustes de entrada de texto que lle axuda a
definir as opcións para a predición do texto. Por exemplo, pode decidir como desexa que
o teléfono lle presente as alternativas dunha palabra e corrixa as palabras mentres escribe,
ou pode activar a aplicación de entrada de texto para lembrar as novas palabras que
escribe.
Para cambiar os axustes de entrada de texto
1
Cando insira texto mediante o teclado en pantalla ou o teclado reducido, pulse
ou toque e manteña .
2
Pulse Configur. de texto rápido.
3
Seleccione os axustes que desexe.
Axustar o volume
Pode axustar o volume do ton de chamada para as chamadas telefónicas e as
notificacións, así como para a reprodución de música e vídeo.
Para axustar o volume do ton coa tecla de volume
•
Prema a tecla de volume cara arriba ou cara a abaixo.
Para axustar o volume da reprodución multimedia coa tecla de volume
•
Mentres se reproduce música ou está a visualizar vídeo, prema a tecla de volume
cara arriba ou cara a abaixo.
Para silenciar o teléfono e establecelo no modo vibración
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Son.
3
Marque a caixa de verificación Modo silencio.
4
Seleccione Vibrar e escolla unha opción.
Para aumentar o volume do auricular
1
Desde a Pantalla de inicio pulse
2
Localice e pulse Axustes > Son.
3
Marque a caixa de verificación xLOUD™.
.
Personalización do seu teléfono
Adapte o teléfono ás súas necesitades e axuste, por exemplo, o seu ton de chamada
persoal, o idioma do teléfono e os axustes de privacidade.
Para reducir o brillo da pantalla, desprace o control escorregadizo cara á esquerda.
Para aumentalo, arrastre o control escorregadizo cara á dereita.
4
Pulse Aceptar.
O nivel de brillo afecta ó rendemento da batería. Para obter suxestións acerca de como mellorar
o rendemento da batería, consulte Rendemento da batería na páxina 27.
Para establecer a vibración da pantalla
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Son.
3
Marque a caixa de verificación Retroalimentac. háptica. A pantalla agora vibra
cando pulsa nas teclas programables e nalgunhas aplicacións.
Para axustar o tempo de inactividade antes de desactivar a pantalla
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Pantalla > Tempo esp. da pantalla.
3
Seleccione unha opción.
Para desactivar a pantalla rapidamente, prema brevemente a tecla de acender/apagar
Para manter a pantalla activada mentres se carga o teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio pulse
2
Localice e pulse Axustes > Aplicacións > Desenvolvemento.
3
Marque a caixa de verificación Permanecer activo.
.
Idioma do teléfono
Pode seleccionar un idioma para usalo no teléfono.
Para cambiar o idioma do teléfono
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse
2
Localice e pulse Axustes > Idioma e teclado > Seleccionar idioma.
3
Seleccione unha opción.
4
Pulse Feito.
Se se trabuca ó escoller o idioma e non pode ler o texto dos menús, localice e pulse a icona
Axustes. Entón seleccione a entrada ó lado de , e seleccione a primeira entrada no seguinte
menú. Entón pode seleccionar o idioma que desexe.
.
Modo avión
No modo Avión, a rede e os transceptores de radio do seu teléfono están desactivados
para evitar interferencias con equipos sensibles. Sen embargo, aínda pode reproducir
xogos, escoitar música, ver vídeos e outros contidos que estean gardados na súa tarxeta
de memoria. Tamén pode recibir alarmas de notificación, se estas están activadas.
.
Activar o modo Avión reduce o consumo de batería.
Para activar o modo avión
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Conex. sen fíos e redes.
3
Marque a caixa de verificación Modo avión.
Tamén pode seleccionar
Opcións do teléfono, prema e manteña premida a tecla de acendido .
Modo avión desde o menú Opcións do teléfono. Para acceder ó menú
O seu teléfono Android™ permítelle seguir conectado e actualizado aló onde estea. Isto
afecta á vida da batería do seu teléfono. A continuación pode atopar algunhas suxestións
sobre como prolongar a vida da batería mentres permanece conectado e actualizado.
Rendemento da batería
O tempo en modo de espera, un termo común ao falar do rendemento da batería, fai referencia
ao tempo durante o cal o teléfono está conectado á rede e non se está a usar. Canto máis tempo
pase o teléfono en modo de espera sen realizar ningunha operación, máis tempo durará a batería.
As seguintes suxestións poden axudarlle a mellorar o rendemento da batería:
•
Cargar o teléfono con frecuencia. Isto non afectará á vida útil da batería.
•
A descarga de datos da Internet consome enerxía. Cando non estea a usar a Internet, pode
aforrar enerxía se desactiva todas as conexións de datos a través de redes móbiles. Pode
facer isto desde Axustes > Conex. sen fíos e redes > Redes móbiles. Este axuste non
evita que o seu teléfono transmita datos a través doutras redes sen fíos.
•
Desactive o GPS, Bluetooth™ e Wi-Fi® cando non precise destas características. Pode
activalas e desactivalas de xeito máis sinxelo engadindo o widget de cambio de estado á
súa Pantalla de inicio. Non cómpre desactivar a conexión 3G.
•
Axuste as súas aplicacións de sincronización (usadas para sincronizar o seu correo
electrónico, calendario e contactos) para sincronizar de xeito manual. Tamén pode usar a
sincronización automática, pero aumentando os intervalos.
•
Comprobe o menú de uso da batería no teléfono para ver que aplicacións usan máis
enerxía. A batería consome máis enerxía cando usa aplicacións de transmisión en
secuencia de vídeo e música, como YouTube™. Algunhas aplicacións do Android
Market™ tamén consomen máis enerxía.
•
Cerre e saia das aplicacións que non estea a usar xa que as multitarefas afectan ao
rendemento da batería.
•
Reduza o nivel de brillo da pantalla.
•
Apague o seu teléfono ou use o Modo avión cando estea nunha zona sen cobertura de
rede. Do contrario, o teléfono buscará repetidamente redes dispoñibles e isto consome
enerxía.
•
Use o dispositivo mans libres orixinal de Sony Ericsson para escoitar música. Isto consome
menos batería ca escoitar música polos altofalantes do teléfono.
Para obter máis información sobre como maximizar a rendemento da batería, visite
www.sonyericsson.com/support.
Para acceder ao menú de uso da batería
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Busque e pulse Axustes > Verbo do teléfono > Uso da batería para ver as
aplicacións instaladas que consomen máis batería.
Para engadir o widget de tráfico de datos á súa pantalla de inicio
1
Desde a Pantalla de inicio, prema
2
Pulse Engadir > Widgets.
3
Seleccione o widget Tráfico de datos. Agora pode activar e desactivar a conexión
.
de datos de xeito máis sinxelo.
Para engadir o widget de cambio de estado á súa pantalla de inicio
1
Desde a Pantalla de inicio, prema
2
Pulse Engadir > Widgets.
3
Seleccione o widget Cambio de estado.
.
Estado do LED da batería
Verde
Vermello intermitenteNivel baixo da batería
LaranxaA batería estase a cargar. O nivel da batería está entre baixo e completo
Localice e pulse Axustes > Verbo do teléfono > Estado.
Memoria
Pode gardar contido nunha tarxeta de memoria e na memoria do teléfono. A música, os
videoclips e as fotos gárdanse na tarxeta de memoria mentres que as aplicacións, os
contactos e as mensaxes gárdanse na memoria do teléfono.
Algunhas aplicacións poden moverse desde a memoria do teléfono á tarxeta de memoria.
Para mover unha aplicación á tarxeta de memoria
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Aplicacións > Administrar aplicacións.
3
Pulse a aplicación que desexe.
4
Pulse Mover á tarxeta SD.
Algunhas aplicacións non se poden mover desde a memoria do teléfono á tarxeta de memoria.
Tarxeta de memoria
É posible que necesite mercar unha tarxeta de memoria por separado.
O teléfono admite as tarxetas de memoria microSD™, que se usan para contido
multimedia. Este tipo de tarxetas tamén se pode usar como tarxeta de memoria portátil
con outros dispositivos compatibles.
Sen unha tarxeta de memoria non poderá usar a cámara, nin reproducir ou descargar ficheiros
de música e videoclips.
Formatar a tarxeta de memoria
Pode formatar a tarxeta de memoria do seu teléfono, por exemplo, para liberar memoria.
Esto significa que elimina tódolos datos da tarxeta.
Ó formatar a tarxeta de memoria elimínase todo o contido dela. Asegúrese de facer copias de
seguridade de todo o que desexa gardar antes de formatar a tarxeta de memoria. Para facer
unha copia de seguridade do contido pode copialo no seu ordenador. Para obter máis
información, consulte o capítulo Conectar o teléfono a un ordenador na páxina 105.
Para formatar a tarxeta de memoria
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Almacenamento > Deter tarxeta SD.
3
Despois de desconectar a tarxeta de memoria, pulse Borrar tarxeta SD.
Para contestar unha chamada, prema a tecla de xestión de chamadas. Se está a
escoitar música, deterase a reprodución cando reciba unha chamada e continuará
ao finalizar a chamada.
3
Para finalizar unha chamada, prema a tecla de xestión de chamadas.
Se co teléfono non se inclúe un mans libres portátil, deberá adquirilo por separado.
Axustes da Internet e de mensaxería
Para enviar mensaxes de texto e multimedia e para acceder á Internet, cómpre dispoñer
dunha conexión de datos para móbiles 2G/3G e dos axustes correctos. Existen diferentes
modos de obter estes axustes:
•
Na maioría de redes e operadores de teléfonos móbiles, os axustes da Internet e da
mensaxería veñen preinstalados no seu teléfono. Nese caso, poderá comezar a usar a
Internet e a enviar mensaxes directamente.
•
Nalgúns casos disporá da opción de descargar os axustes da Internet e da mensaxería a
primeira vez que acenda o teléfono. Tamén é posible descargar estes axustes
posteriormente no menú Configuración.
•
Pode engadir e cambiar manualmente os axustes da Internet e da rede no seu teléfono
cando o desexe. Póñase en contacto co seu operador de rede para obter información
detallada acerca dos seus axustes da Internet e de mensaxería.
Para descargar axustes da Internet e de mensaxería
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Sony Ericsson > Axustes da Internet.
Para ver o Nome de punto de acceso (APN) actual
1
Desde a Pantalla de inicio pulse
2
Localice e pulse Axustes > Conex. sen fíos e redes > Redes móbiles.
3
Pulse Nomes puntos de acc..
Se ten dispoñibles varias conexións, a conexión de rede activa sinalarase mediante un botón
marcado á dereita.
Localice e pulse Configuración > Conex. sen fíos e redes > Redes móbiles >
Nomes puntos de acc..
3
Prema .
4
Pulse Novo APN.
5
Pulse Nome e insira o nome do perfil de rede que desexe crear.
6
Pulse APN e insira o nome do punto de acceso.
7
Insira o resto da información que lle solicite o seu operador de rede.
8
Prema
Contacte co seu operador de rede para obter información detallada sobre os axustes de rede.
Para restablecer os axustes predeterminados da Internet
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Pulse Axustes > Conex. sen fíos e redes > Redes móbiles > Nomes de Puntos
de Acceso.
3
Prema .
4
Pulse Restabl. valores predet..
e pulse Gardar.
Información de uso
Por motivos de calidade, Sony Ericsson recolle informes de erros de xeito anónimo e
estadístico relativos ó uso do seu teléfono. Na información recollida non se inclúen datos
persoais. A opción de envío de información de uso de xeito predeterminado non está
activada. Pero se o desexa porde escoller activala.
Para enviar información de uso
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse Axustes > Sony Ericsson > Información de uso.
3
Marque a caixa de verificación Enviar info. de uso.
Desactivar o tráfico de datos
Pode desactivar tódalas conexións de datos superiores a 2G/3G co seu teléfono para evitar
calquera descarga e sincronización de datos non desexadas. Contacte co seu operador
de rede se necesita obter información detallada verbo do seu plan de subscrición e dos
custos do tráfico de datos.
Cando o tráfico de datos está desactivado, aínda pode usar as conexións Wi-Fi™ e Bluetooth™.
Tamén pode enviar e recibir mensaxes multimedia.
Para desactivar todo o tráfico de datos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse
2
Localice e pulse Axustes > Conex. sen fíos e redes > Redes móbiles.
3
Desmarque a caixa de verificación Datos activados.
.
Itinerancia de datos
En función do seu operador de rede, quizais poida permitir conexións de datos móbiles
mediante 2G/3G fóra da súa rede doméstica (itinerancia). Lembre que quizais se apliquen
custos pola transmisión de datos. Contacte co seu operador de rede para obter máis
información.
Ás veces, as aplicacións poden usar a conexión á Internet na súa rede doméstica sen notificarllo,
por exemplo, ao enviar solicitudes de procura e sincronización. É posible que lle apliquen custos
adicionais pola itinerancia de datos. Consulte ó seu fornecedor de servizos.